Ferrol é como China. Como Berlín, pero con muro. Un gran muro que nos separa do mar, que nos convirte nunha vila de interior. Que esconde cousas tan dispares como o Patrimonio da Humanidade ou os fusilamentos da Punta do Martelo.
Din que está aí por seguridade pero… para que non entren os de fóra ou para que non saian os de dentro? Quen son os de fóra e quen os de dentro?
Vai sendo hora de poñer fin ó esperpento dun pobo mariñeiro sin océano e facer unha integración recíproca xa. Integrar a cidade no mar e ós militares na sociedade pois , aínda que algún lle pese, forman parte dela.
A esencia de Ferrol é o mar.
Por que non tiran a muralla dunha vez?
A esencia dun pobo non pode estar nun xarrón opaco nin as xoias da Ilustración nunha caixa de zapatos.
De que serve ter a ría máis fermosa de Europa si esta venda branca ,que os ferroláns levamos de nacemento, non nola deixa ver?
Francisco Maceira
Membro da AUME
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
En facebook xa temos dous grupos a pedir o mesmo,un deles aparte pide cambiarlle o nome a Ferrol por "Ferrol do Naval",en compensación polos anos que tivemos que levar o p... Caudillo
ResponderEliminarhttp://www.facebook.com/?sk=2361831622#!/group.php?gid=374231681424&ref=ts
Animadevos e apuntaros,Xa de paso,aquí tedes outro
http://www.facebook.com/?sk=2361831622#!/group.php?gid=68946329592&ref=ts
¡PLANTA D€ GA$ FORA DA RÍA!